Levarase a cabo o venres, 26 de novembro, no Museo do Encaixe dentro da programación polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Durante toda a tarde haberá diferentes relatorios divididos en dúas temáticas: "Saúde con perspectiva de xénero" e "sexualidade con perspectiva de xénero".
A poeta Lúa Mosquetera pechará o ciclo cun recital de poesía feminista.
Para celebrar o Samaín Concello de Camariñas programa o espectáculo musical "A Casa do Terror", de Xoán Curiel e A Banda do Verán para este sábado, 30 de outubro, ás 18 horas.
Esta actuación está dirixida a un público infantil, xuvenil e familiar e terá lugar na Casa de Pedra e a entrada será libre ata completar o aforo. As persoas que o desexen poden acudir disfrazadas.