Sara Lage completa a lista de nomes para as Grandes Firmas desta XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Máis coñecida como “La reina del encaje”, traerá á pasarela unha colección sen denominación con tres modelos e a súa característica mestura de texturas e tecidos diferentes.

A deseñadora Sara Lage completa a lista de nomes para as Grandes Firmas desta XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Máis coñecida como “La reina del encaje”, traerá á pasarela unha colección sin denominación con tres modelos e a súa característica mestura de texturas e tecidos diferentes, cun patronaxe moi arquitectónico.

“Participar na Mostra sempre é un pracer, xa que en Camariñas considero que comezou a miña carreira e penso que eu lle aporto ao Encaixe e él a min”, comenta Lage.

Actualmente é titular dun taller de vestidos de noiva, “onde aplico a puntilla na meirande parte das pezas”. Atribúelle á aplicación do Encaixe “un valor engadido, unha marabilla traballar o corte con proveedores artesanais, coas palilleiras moi preto de onde temos o taller, unha auténtica gozada”, expresa.