- O evento celebrarase a vindeira fin de semana, o 14 e o 15 de marzo, no polideportivo da Ponte do Porto, ampliando o seu recinto con tres carpas climatizadas para ofrecer o dobre de actividades.
- A cita contará con convidados de luxo como a pianista e creadora de contido Elesky e o actor de dobraxe Julio Lorenzo, a mítica voz en galego de Goku.
- O sábado pola noite celebrarase a “PartyFriki”, de entrada gratuíta, cun lanzamento de faroliños, o concerto de Os Gremlins e a música de DJ Mai.










