Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Cultura

O mundo “friki” toma a Costa da Morte: a Ponte do Porto acollerá a segunda e ambiciosa edición de PonteFriki

  • O evento celebrarase a vindeira fin de semana, o 14 e o 15 de marzo, no polideportivo da Ponte do Porto, ampliando o seu recinto con tres carpas climatizadas para ofrecer o dobre de actividades.
  • A cita contará con convidados de luxo como a pianista e creadora de contido Elesky e o actor de dobraxe Julio Lorenzo, a mítica voz en galego de Goku.
  • O sábado pola noite celebrarase a “PartyFriki”, de entrada gratuíta, cun lanzamento de faroliños, o concerto de Os Gremlins e a música de DJ Mai.

Deportes

A XIV Carreira Pedestre bate o récord de inscritos coa participación de 962 persoas

  • A proba terá lugar este domingo, 8 de marzo, e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • O Concello instalará un punto violeta para conmemorar o Día da Muller.

O Concello

O Concello proxecta crear unha fonte na Praza da Insuela e plantar novas árbores no porto

  • O goberno local ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia para financiar o proxecto, que conta cun orzamento total de 75.000 euros.
  • As actuacións inclúen a instalación dunha fonte ornamental con asentos na Praza da Insuela e a mellora da permeabilidade do chan.
  • No porto plantaranse novas árbores resistentes ao sal e ao vento para crear zonas de sombra aos bancos á beira do mar.

Emprego e Desenvolvemento local

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Servizos sociais

“Chicas nuevas 24 horas”, de Mabel Lozano, achega a Camariñas a realidade da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual

  • A Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia), en colaboración co Concello de Camariñas, promove a mostra.
  • Mañá, xoves 5 de marzo, están programadas actividades didácticas co alumnado do IES Pedra da Aguia.
  • O 12 de marzo ás 18:30 horas terá lugar no Museo do Encaixe a proxección do documental “Chicas nuevas 24 horas” con entrada libre ata completar aforo.

O Concello

O Concello renomeará a Avenida Ambrosio Feijoo como “Avenida das Palilleiras” no marco do 8M

  • A medida, recollida no Plan de Igualdade municipal, busca recoñecer a figura destas artesás e feminizar o rueiro con referentes femininos.
  • Á vez, o Concello cumpre a Lei de Memoria Histórica eliminando o nome do xeneral Ambrosio Feijoo.
  • O cambio farase efectivo nun Pleno extraordinario que se celebrará o 1 de abril no propio recinto da XXXV Mostra do Encaixe, xunto ás grandes protagonistas do noso patrimonio.

Emprego e Desenvolvemento local

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 11 de febreiro de 2026, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Servizos sociais

O Concello lanza a campaña “Somos as mulleres que construímos Camariñas” para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas neste 8M

  • A iniciativa rende homenaxe á forza, ao traballo e ao compromiso diario das mulleres de todas as idades e profesións que fan posible a comunidade camariñá.
  • O alumnado dos CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto colaborará na creación dunha guía biográfica para rescatar as historias das mulleres referentes das súas vidas.

Cultura

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto

  • O acto oficial terá lugar o próximo 15 de xullo.
  • O goberno local quere recoñecer así a prolífica traxectoria do comunicador camariñán, recentemente xubilado tras 41 anos en antena, e o seu vínculo co municipio.

Cultura

O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña

  • O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta e na prestixiosa Milan Fashion Week.
  • Perea presentará unha colección cápsula de seis espectaculares deseños que fusionarán os seus inconfundibles volumes co minucioso traballo das palilleiras.