Emprego e Desenvolvemento Local

Inicio Emprego e Desenvolvemento Local

Novas

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2026

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de marzo as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2026.

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 11 de febreiro de 2026, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O Concello recibe 39.000 euros da Deputación da Coruña para a contratación de persoal

O Concello de Camariñas recibiu unha subvención dun total de 39.475,68 euros da Deputación da Coruña a través do programa PEL CONCELLOS 2025 para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais.
 
O proceso de selección rematou no mes de abril e agora, nas primeiras semanas de maio, levarase a cabo a contratación do persoal.