- A corporación municipal outorgou por unanimidade a máxima distinción á artista pola súa traxectoria e por proxectar o nome de Camariñas polos escenarios e teatros de todo o mundo coa cantiga tradicional.
- A alcaldesa, Sandra Insua, quixo facer extensiva a homenaxe a todas as e os artistas que cantan este himno "non oficial", nun acto que contou coa presenza de mulleres palilleiras e coa actuación en directo de Budiño e Fran Barcia xunto á homenaxeada.
- Luz Casal salientou que “nunca estivera en Camariñas” e explicou que “cando eu era pequena a miña nai sempre me falaba do encaixe e das palilleiras”.

_web.png)




