Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Cultura

JOSÉ PEREA

Hoxe o deseñador andaluz José Perea, que tamén participa no desfile de Grandes Deseñadores, levou a cabo na pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña unha das súas mediáticas demostracións de costura en directo. En 20 minutos, mentres o público presente interactuaba con el, José Perea creou desde cero un vestido que logo desfilou co resto de creacións da colección cápsula que presenta no seu primeiro ano na pasarela camariñana. 

Cultura

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

  • Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos “A” e B” do certame.
  • En total son 25 as coleccións finalistas, con rapaces e rapazas que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e de España.

Cultura

O camariñán Diego Garrote, con “Ángeles Acusadores”, continúa coas presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

  • Mañá, sábado, 4 de abril, continuarán Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández.

Cultura

O “ArtEncaixe”, un exemplo da infinita versatilidade na aplicación do encaixe

  • Os 12 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais.
  • Son: Alfarería La Cacharrera, O Rulo, Feituras, Risco Estudio, Encaixa_T, Ene de Toba, Lola Logaro, Mascarada O Cansorriño, Mariví Santos, Zeltia ao Aire, Ana Trasariz e Estilo Aramar.

Cultura

Noveis Deseñadores con xurado 2026

O xurado do XXXII concurso de Noveis Deseñadores presenciou hoxe en directo os pases das 28 coleccións que participan no certame.

Cultura

Homenaxe a Mar Barral

Hoxe, sábado 4 de abril, durante o desfile de ArtEncaixe, a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña quixo renderlle un homenaxe a Mar Barral, ceramista pontevedresa que participaba asiduamente na pasarela de ArtEncaixe e que faleceu recentemente. Mariví Santos, amiga da homenaxeada, foi a encargada de dicir unhas palabras sobre o que supoñía para Mar a Mostra e o traballo que levaba a cabo para presentar unhas coleccións impresiona