Acolección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o contrapunto explorando a súa dualidade cunha banda sonora exclusiva.
O evento terá lugar do 1 ao 5 de abril e co lema “Onde o fío se converte en arte” busca destacar ao municipio como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
Antes da inauguración oficial celebrarse no recinto un pleno para cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.
A actuación, que conta cun orzamento de máis de 70.000 euros financiados a través do Plan Único da Deputación, dá continuidade ao trazado inicial da marxe esquerda para crear unha vía preferentemente peonil e accesible.
O proxecto inclúe unha nova rede de augas pluviais, a delimitación do espazo para peóns e a instalación dunha varanda de madeira protectora.
Modesto Lomba afirma que o obxectivo de integrar a esencia do Encaixe de Camariñas nas súas pezas “é obter a excelencia.”
A deseñadora granadina non podía faltar á Mostra e presentará unha nova colección de traxes de noiva “na que explorarei a feminidade desde un punto de vista actual”, sinala.
Haberá un total de 12 postos de diferentes artesáns de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asoc. Prof. De Palilleiras Rendas, Asoc. Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita.
No pavillón Víctor Vigo daranse cita persoas chegadas desde Arxentina, Bulgaria, Eslovaquia, Italia, Polonia ou Portugal.
As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Miyuki e Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural.