Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Cultura

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla “Mar de Hielo”

  • A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe.
  • A peza única, elaborada con fíos especiais durante máis de tres meses, é un tributo a todos os homes do mar e, especialmente, ao seu pai, Ramón Campaña “O Ulludo”.

O Concello

O concello prorroga o contrato do servizo de limpeza de praias durante o verán de 2025

  • A empresa adxudicataria traballará durante a temporada estival en 16 areais do municipio e nos accesos aos mesmos.
  • Entre as tarefas a realizar atópase o cribado da area, a limpeza dos baños ou a retirada do material alleo como plásticos, papeis, desperdicios...

O Concello

O Concello de Camariñas aproba nun pleno histórico cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por “Avenida das Palilleiras”

  • A decisión adoptouse hoxe nunha sesión extraordinaria celebrada no propio recinto da XXXV Mostra do Encaixe, rodeados de das propias palilleiras da vila.
  • A alcaldesa destacou que a medida non só cumpre coa Lei de Memoria Democrática, senón que supón "un acto de xustiza histórica, de dignidade e de reivindicación feminista".
  • “Cando as nosas nenas e nenos paseen por ela, cando vexan esa placa, saberán que a verdadeira grandeza e a historia de Camariñas escríbese en feminino", sinalou Sandra Insua.

Cultura

En Semana Santa, o fío convértese en arte na XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña

  • Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a deputada provincial da comarca, o delegado e o subdelegado do Goberno, o director de Comercio e Consumo e o director da Axencia de Turismo de Galicia.
  • No seu discurso, Sandra Insua, fixo referencia á forza do encaixe e das palilleiras en contextos inestables para o sector do mar como o actual, “sei de boa man que o palillo foi, é e será un sustento económico imprescindible para estas familias”.
  • Insua anunciou que “o Concello e as palilleiras levan un ano traballando nunha gran colaboración cunha multinacional téxtil, o que demostra que o encaixe é vangarda absoluta”.

Cultura

O encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra

  • Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto, El Pulpo, Dolores Cortés, José Perea, Xoaquín Ruíz, MATTEÔS Bridal, ÔSE Couture e a firma local Ondas do Mar.

Cultura

Nerea Pallares, con “Punto de Araña” e Anxo Mouzo, con “A Princesa Dourada”, estrean as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

  • Mañá, venres 3 de abril, e o sábado, 4 de abril, continuarán Diego Garrote, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández.

Cultura

JOSÉ PEREA

Hoxe o deseñador andaluz José Perea, que tamén participa no desfile de Grandes Deseñadores, levou a cabo na pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña unha das súas mediáticas demostracións de costura en directo. En 20 minutos, mentres o público presente interactuaba con el, José Perea creou desde cero un vestido que logo desfilou co resto de creacións da colección cápsula que presenta no seu primeiro ano na pasarela camariñana. 

Cultura

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

  • Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos “A” e B” do certame.
  • En total son 25 as coleccións finalistas, con rapaces e rapazas que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e de España.

Cultura

O camariñán Diego Garrote, con “Ángeles Acusadores”, continúa coas presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

  • Mañá, sábado, 4 de abril, continuarán Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández.