Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

O Concello de Camariñas aproba un orzamento á alza de 6,6 millóns de euros para blindar a estabilidade económica, o benestar social e o futuro da vila

  • O documento foi aprobado onte, venres 27 de marzo, en pleno.
  • As contas do 2026 consolidan a aposta do goberno local pola calidade dos servizos públicos e a axuda aos máis vulnerables
  • As actuacións de protección e promoción social representan o 17,77% do total, destacando o esforzo no Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
  • O anexo de investimentos segue a medrar e supera os 720.000 euros, incluíndo a humanización de rúas, melloras en instalacións deportivas, a compra do Castelo do Soberano e a achega para o Museo dos Naufraxios.

O Concello

O Concello de Camariñas remata a renovación do peche perimetral das pistas de Xaviña, Santa Mariña, Camelle e Ponte do Porto

  • As obras contaron cun orzamento de 30.000 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
  • A actuación mellora a seguridade e a funcionalidade destas áreas de xogo, apostando polo fomento do deporte en todas as parroquias.

Cultura

Gubem Event volverá encargarse da pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

  • A empresa galega, da que está á fronte o vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por quinto ano consecutivo.
  • “Apostamos, por unha coidada selección de modelos así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles”, explica Damián.

Cultura

Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

  • A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal.

Cultura

José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

  • A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o contrapunto explorando a súa dualidade cunha banda sonora exclusiva.

Cultura

O mércores 1 de abril dará comezo a XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

  • O evento terá lugar do 1 ao 5 de abril e co lema “Onde o fío se converte en arte” busca destacar ao municipio como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
  • Antes da inauguración oficial celebrarse no recinto un pleno para cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.

O Concello

O Concello de Camariñas avanza nas obras da segunda fase da senda peonil a Lingunde

  • A actuación, que conta cun orzamento de máis de 70.000 euros financiados a través do Plan Único da Deputación, dá continuidade ao trazado inicial da marxe esquerda para crear unha vía preferentemente peonil e accesible.
  • O proxecto inclúe unha nova rede de augas pluviais, a delimitación do espazo para peóns e a instalación dunha varanda de madeira protectora.

Cultura

As Grandes Firmas DEVOTA&LOMBA e Claudina Mata continúan o seu idilio coa Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Modesto Lomba afirma que o obxectivo de integrar a esencia do Encaixe de Camariñas nas súas pezas “é obter a excelencia.”
  • A deseñadora granadina non podía faltar á Mostra e presentará unha nova colección de traxes de noiva “na que explorarei a feminidade desde un punto de vista actual”, sinala.

O Concello

A punto de finalizar as obras de asfaltado do camiño de Borreiros, en Xaviña

  • O proxecto conta cun orzamento de 65.000 euros, cofinanciados entre o Concello e a Xunta a través do AGADER.
  • Tras ampliar o ancho da vía en determinados tramos e construír un novo sistema de drenaxe, agora estase a renovar o firme.

Cultura

Comercio local, artesanía, postos internacionais e exhibicións artesás na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Haberá un total de 12 postos de diferentes artesáns de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asoc. Prof. De Palilleiras Rendas, Asoc. Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita.
  • No pavillón Víctor Vigo daranse cita persoas chegadas desde Arxentina, Bulgaria, Eslovaquia, Italia, Polonia ou Portugal.
  • As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Miyuki e Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural.