A peza audiovisual, que retrata a alma da Costa da Morte a través dos seus oficios e xentes, gravouse na súa meirande parte na vila camariñana e estrearase o mércores 22 de xullo ás 20:00 h en YouTube.
O Concello, que colabora na difusión da iniciativa, anima á veciñanza a gozar dun documental que pon en valor ás nosas mariscadoras, ás palilleiras e a proxectos vitais locais.
A corporación municipal outorgará a máxima distinción á artista por ser unha embaixadora inigualable e levar o nome da vila por todo o mundo a través da súa emblemática versión da cantiga "Camariñas".
A cantante, que asistirá presencialmente ao acto aberto ao público, amosouse moi agradecida tras coñecer a noticia, asegurando que para ela é "un honor grandísimo".
O Concello de Camariñas é beneficiario dunha subvención por parte da Deputación da Coruña para o financiamento dos gastos de persoal técnico para a atención do Museo MAN de Camelle durante o ano 2026, por un importe de 20.000 euros.
A corporación municipal celebrou unha sesión solemne para outorgar a máxima distinción local ao recoñecido locutor camariñán.
Sandra Insua destacou no seu discurso o gran labor de difusión dos valores, da cultura e da identidade de Camariñas que o xornalista fixo durante toda a súa carreira.
O proxecto, enmarcado na Fase 1 do Plan Milleira, transformará a vía nunha plataforma única para garantir a total accesibilidade.
A actuación está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
De xeito previo á nova pavimentación, procederase á renovación da rede de saneamento e á instalación dunha rede paralela e independente para as augas pluviais.
Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación ao público que organizou a firma de moda xuvenil.
As prendas estarán dispoñibles a partir do 19 de xuño en pullandbear.com.
Sandra Insua amosouse destacou que “forma parte da nosa estratexia para posicionar o encaixe como elemento de vangarda para a moda actual” e agarda que “sexa o comezo de algo economicamente importante para a economía e a artesanía local”.