Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich

Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich

Este domingo, 27 de setembro, a partir das 12 horas terá lugar unha nova “Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich”, co obxectivo de recadar fondos para axudar a financiar as terapias necesarias do camariñán Juan Pérez González.

A marcha arrincará ás 12 horas e o punto de saída está situado no paseo da Ponte do Porto. O percorrido discorrerá por todo o paseo ata chegar á meta no Carballo de Xereixo.  

Paseo da Ponte do Porto.