Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

O Concello e a Xunta Local da Asociación Contra o Cancro organizan a andaina solidaria “Camariñas en marcha contra o cancro”

  • A cita solidaria e deportiva celebrarase o vindeiro 20 de xuño de 2026, partindo ás 16:30 horas dende a Praza da Igrexa de Xaviña.
  • A inscrición ten un custo de 5 euros para persoas adultas e de 3 euros para menores de 12 anos, con opción de adquirir un "Dorsal Solidario" a través da web.

Deportes

O Concello publica as listaxes de persoas preinscritas nos obradoiros de Camariñas e Camelle e abre o prazo para o abono das taxas

As persoas que formalizaron a súa preinscrición en tempo e forma xa poden proceder ao pago correspondente. Ademais, infórmase de que aínda quedan prazas vacantes para todas as quendas en ambas as localidades.

Deportes

Listaxe definitiva por quendas das Actividades Acuáticas 2026

ℹ️ Consulta a listaxe definitiva por quendas das Actividades Acuáticas 2026 na web municipal: https://camarinas.net/portal-cidadan/noticia/gl/898
Nos seguintes vídeos podes comprobar os sorteos para:
👉 Listaxe de agarda da primeira quenda: https://youtu.be/j4El2VOebHM?si=MkievsbvVz4iOX9F
👉 Listaxe de agarda da segunda quenda: https://youtu.be/RUu7jMibXww?si=JhCjJEGpIiG2Yq5X
👉 Sorteo das 6 prazas que quedaban por ocupar por non empadronados na segunda quenda: https://youtu.be/EUDA44Jrvd8?si=sQaWDj5og8x1FrVF

O Concello

Visita faro Estrelas no Camiño

Hoxe recibimos no Faro Vilán aos 30 cociñeiros e cociñeiras con Estrella Michelin que participan no 12ª edición do evento Estrelas no Camiño.

Despois de visitar as instalacións de Stolt Sea Farm desfrutaron dun ágape, cortesía de Galicia Calidade, na sala da Asociación de Empresarios de Camariñas, a quen desde o Concello de Camariñas agradecemos que cedese as instalacións.

Os chefs recibiron un agasallo moi especial por parte de Stolt Sea Farm, un rodaballo feito de encaixe de Camariñas.
  

Deportes

Publicadas as listaxes de preadmitidos para as actividades de verán

Xa están dispoñibles para a súa consulta as listaxes de persoas que realizaron correctamente a preinscrición en prazo nas actividades de verán.
Pregamos á veciñanza que revise os datos. No caso de detectar calquera erro ou omisión, por favor, comuníquenno o antes posible enviando un correo electrónico a deportes@camarinas.net para que poidamos emendalo.

O Concello

CAMARIÑAS - PEL Concellos

Hoxe, xoves 4 de xuño, comezaron a traballar os catro peóns contratados polo Concello de Camariñas dentro do programa PEL Concellos da Deputación da Coruña. Para a súa contratación, a administración local recibiu unha subvención do organismo provincial de 40.000 euros.  As tarefas que levarán a cabo son, entre outras, actuacións na rede de abastecemento de auga potable, no alcantarillado, limpeza de vías, recollida de residuos, mellora de accesos aos núcleos de poboación, pavimentación de vías e mantemento en xeral. O seu contrato remata o 10/11/2026.

Deportes

Camariñas oferta 648 prazas de obradoiros de tempo libre e as actividades acuáticas

  • A preinscrición está aberta desde hoxe, luns 1 de xuño.
  • Habilitáronse formularios en liña para facer efectiva a preinscrición.
  • Tamén se oferta de xeito gratuíto unha actividade para formar parte da Danza de Arcos e participar no desfile das Festas do Carme.

 
 

Servizos sociais

Convocatoria de prazas de residencia para ó estudiantado da UDC - Curso 2026/2027

 Campus da Coruña e Ferrol. Curso 2026-2027.
 Prazo de presentación de solicitudes, dende o 23 de maio ata as 14:00 h do 23 de xuño de 2026.
 
Para o alumnado que se matricule por primeira vez na UDC: 
1º) Cumplimentar o "Formulario para la solicitud de plaza en las residencias universitarias - Alumnado que vaya a matricularse por primera vez en la UDC" que aparece a continuación. Unha vez finalizado este proceso, recibirá, na dirección de correo electrónico indicada no formulario, as instrucciones para o envío da documentación.
2º) Deberá responder ó correo electrónico recibido enviando o Anexo III ( Coruña) ouo Anexo IV  Ferrol), cuberto e asinado por todos os membros computables da unidade familiar, e a documentación requirida no mesmo. Unha vez finalizado este proceso, recibirá por correo electrónico a confirmación da presentación que lle servirá como resguardo.
Soamente se admitirá unha única solicitude por persona, o Coruña o Ferrol.

Servizos sociais

Convocatoria de prazas de residencia para ó estudiantado da UDC - Curso 2026/2027

 Campus da Coruña e Ferrol. Curso 2026-2027.
 Prazo de presentación de solicitudes, dende o 23 de maio ata as 14:00 h do 23 de xuño de 2026.

O Concello

O Museo de Man anuncia o seu novo horario de apertura

O Museo de Man ven de confirmar o seu novo horario de atención ao público. A partir de agora, o recinto centrará a súa actividade nas fins de semana, abrindo as súas portas de venres a domingo.