O Concello

Inicio • O Concello

Novas

Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich

Este domingo, 27 de setembro, a partir das 12 horas terá lugar unha nova “Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich”, co obxectivo de recadar fondos para axudar a financiar as terapias necesarias do camariñán Juan Pérez González.
A marcha arrincará ás 12 horas e o punto de saída está situado no paseo da Ponte do Porto. O percorrido discorrerá por todo o paseo ata chegar á meta no Carballo de Xereixo.  
Paseo da Ponte do Porto.

O Concello solicitará a declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia o Carme de Camariñas

  • A corporación municipal debateu este punto na sesión ordinaria de hoxe, venres 25 de setembro, ás 20:00 horas, que contou coa unanimidade de todos os grupos políticos.
 
  • Abordouse tamén a aprobación do plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais, a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 22/2026 e a aprobación da Conta Xeral do Concello de Camariñas correspondente ao ano 2025.

Obra camiño cemiterio ingleses

O Concello de Camariñas ven de rematar a obra de reparación e conservación dun tramo da pista principal Rede Natural 2000 na contorna do Cemiterio dos Ingleses. A actuación contou cun orzamento de 12.396,99 euros e estivo cofinanciada ao 80% pola Unión Europea con fondos FEADER, 16% do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e 4% da Consellería do Medio Rural.

O Concello mellorará a eficiencia enerxética cun renovado alumeado no núcleo de Ponte do Porto

  • A obra está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia cun valor de 30.976 euros.