O goberno local proporá en pleno a solicitude á AXI da transferencia dun tramo da Avenida da Coruña

O goberno local proporá en pleno a solicitude á AXI da transferencia dun tramo da Avenida da Coruña

  • A proposta busca poñer fin á problemática patrimonial xerada pola aliñación fixada no PXOM e permitir axustar a rúa á realidade da calzada.
  • Son: as.
  • Anteriormente o

 

O goberno local de Camariñas levará este venres ao pleno ordinario unha proposta para solicitar á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) a transferencia ao Concello do tramo final da estrada AC-432 ao seu paso pola Avenida da Coruña, en Camariñas.

 

O tramo obxecto da solicitude vai do punto quilométrico 17+180 ao final da vía, no 18+360. Segundo o informe da arquitecta municipal, discorre integramente por solo urbano consolidado, forma parte do sistema xeral viario do Concello e ten pleno carácter de tramo urbano. Ademais, a súa transferencia non interrompe a continuidade de ningún itinerario da rede autonómica, ao tratarse do treito terminal da estrada.

 

Durante a tramitación do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado definitivamente en decembro de 2012, a entón Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta emitiu un informe desfavorable no que esixía que na Avenida da Coruña non se previsen aliñacións cun ancho total inferior a 16 metros. Para cumprir con esa esixencia, o PXOM tivo que fixar a devandita aliñación e articular dous espazos libres locais, o que vén xerando unha problemática patrimonial derivada de solicitudes de expropiación por ministerio da lei presentadas por propietarios particulares afectados.

 

Que permitiría a transferencia

 

Segundo o informe xurídico dos redactores do PXOM, nos tramos urbanos non se establecen zonas de protección da estrada nin liña límite de edificación. Por iso, unha vez que o treito pase a ser de titularidade municipal, o Concello poderá tramitar unha modificación puntual do PXOM para axustar a aliñación da rúa á realidade da calzada e reubicar os espazos libres noutros emprazamentos, protexendo así os intereses económicos municipais e os dereitos das persoas veciñas afectadas.

 

A proposta que inclúe: solicitar á AXI a cesión gratuíta da titularidade do tramo final da AC-432; e instar a este organismo á sinatura dun convenio de transmisión no que a Axencia asuma os gastos de conservación e mantemento do tramo durante 10 anos desde a sinatura da acta de entrega.