O Concello

Inicio O Concello

Novas

O Concello reforza a prevención de incendios coa contratación de cinco traballadores

  • A administración local recibiu unha axuda de máis de 98.000 euros da Xunta de Galicia para o proxecto de xestión da biomasa nas faixas secundarias.
  • Permitirá incorporar ao cadro de persoal un coordinador, tres peóns forestais e un administrativo durante 9 meses.

A Xunta confirma que executará a limpeza dos 10 km de vías solicitados polo Concello baixo o convenio con SEAGA

  • O goberno local priorizou vías ás que non pode acceder o tractor municipal, camiños próximos a vivendas e accesos estratéxicos no monte para funcionar como
  • O Concello agarda que a administración autonómica execute as limpezas este mesmo ano.
  • Ademais, desde decembro a administración local conta con persoal administrativo para a comunicación aos propietarios da limpeza de faixas secundarias.

Subvención Plan Único Adicional para gastos sociais extraordinarios

O Concello de Camariñas recibe unha achega de 56.670,86 €, ao abeiro do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026.

Anuncio bolsas MEC para estudios posobrigatorios Recibidos

O Ministerio de educación , Fp e deporte convocaron as bolsas de carácter xeral para o curso 2026-2027para o estudantado que curse estudos postobrigatorios.