Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Camariñas dinamiza o comercio local a través do seu particular “Black Friday”

  • Con cada compra en cada un dos 19 establecementos participantes entrarase no sorteo de varios agasallos.
  • Terá lugar o xoves 21, o venres 22 e o sábado 23 de novembro.

Servizos sociais

Camariñas presenta o seu IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes

  • Presentarase hoxe en pleno a proposta de renovación dun instrumento de traballo que estará vixente durante os próximos catro anos.
  • O III Plan de Igualdade acadou un grao de cumprimento global do 62,5%.

O Concello

Campaña da Neve 2025

A Deputación da Coruña lanza unha nova edición da Campaña da Neve, na que a rapazada de 11 a 15 anos poderá gozar dunhas xornadas de esquí.

O Concello

Ofrenda floral

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e os concelleiros Fabián Canosa, Encarnación Liñeiro e Sergio Caamaño, realizaron hoxe unha ofrenda floral nas placas que homenaxean aos camariñáns represaliados durante a Guerra Civil.

Este acto, que tivo lugar tanto na placa de Camariñas como na de Ponte do Porto, colocadas o ano pasado nesta data, serve para que non se esqueza a historia e o legado destes veciños que deron a súa vida pola democracia.

O Concello

Camariñas acenderá o alumeado de Nadal o 30 de novembro novamente baixo a neve

Será ás 18:00 horas da tarde na praza do Concello.
· Haberá actuacións de DJ Mouzo e do Coro Municipal Brisas do Mar, ademais de algodón de azucre, chocolate con churros ou zancudos.

Emprego e Desenvolvemento local

TRANSFORMACION DIXITAL NO AGRO

o Concello de Camariñas colabora con Asesoria Agro Novo para impartir o curso TRANSFORMACION DIXITAL NO AGRO. 

O Concello

Visitas guiadas por Camariñas gratuitas

O Concello de Camariñas abre a inscrición para as persoas interesadas en realizar unha visita guiada por Camariñas e coñecer a súa historia e a súa gastronomía. Camariñas "Mar de saberes e sabores"
 

O Concello

Danza Rosa para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á “Danza Rosa”, unha iniciativa que se levará a cabo mañá, sábado 19 de outubro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
A actividade consiste nunha andaina con arcos de flores, que dará comezo  ás 16 horas desde a praza da Insuela, e na que as personas inscritas axudaron en 7 euros á Asociación Española contra o Cancro. Para dar saída á marcha, cantará o coro municipal.
Ao rematar a andaina haberá unha clase de zumba.

O Concello

A Festa da Palilleira cumpre unha década e celebrará a súa X edición o vindeiro 6 de decembro

  • Será no pavillón municipal Víctor Vigo e haberá mercadiño de Nadal, chocolatada de balde pola tarde e sorteos.
  • Estará organizada polo Concello de Camariñas, a Asociación Puntillas, a Asociación Rendas e a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.