Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Cultura

“Retratos para lembrar”: unha exposición recolle os rostros da veciñanza de Camelle no Museo Man

  • O conxunto de obras, presentadas este 19 de xullo, permanecerán expostas ata o final do mes
  • A colección está repartida entre o museo e distintos bares e restaurantes da localidade

Cultura

Sefy Carril recibe o galardón de “Camariñana do Ano” nunha emotiva homenaxe pública

  • A recoñecida veciña e reporteira local convértese na primeira muller en recibir esta distinción, enmarcada na programación das Festas do Carme.
  • A alcaldesa, Sandra Insua, destacou o labor desinteresado da galardoada: "Sefy pasou a ser absolutamente indispensable no día a día do noso pobo"
  • Ao remate do acto institucional tivo lugar a tradicional Mini Danza de Arcos, que partiu desde a mesma praza.

Cultura

Camariñas, protagonista do novo capítulo do proxecto documental “ORÍGE”S” que se estrea este mércores

  • A peza audiovisual, que retrata a alma da Costa da Morte a través dos seus oficios e xentes, gravouse na súa meirande parte na vila camariñana e estrearase o mércores 22 de xullo ás 20:00 h en YouTube.
  • O Concello, que colabora na difusión da iniciativa, anima á veciñanza a gozar dun documental que pon en valor ás nosas mariscadoras, ás palilleiras e a proxectos vitais locais.

Cultura

Camariñas nomeará a Luz Casal como “Filla Adoptiva” nun pleno extraordinario o vindeiro 29 de xullo

  • A corporación municipal outorgará a máxima distinción á artista por ser unha embaixadora inigualable e levar o nome da vila por todo o mundo a través da súa emblemática versión da cantiga "Camariñas".
  • A cantante, que asistirá presencialmente ao acto aberto ao público, amosouse moi agradecida tras coñecer a noticia, asegurando que para ela é "un honor grandísimo".

Cultura

MEMORIA E BASES MANTEMENTO PERSOAL MUSEO MAN DE CAMELLE 2026

O Concello de Camariñas é beneficiario dunha subvención por parte da Deputación da Coruña para o financiamento dos gastos de persoal técnico para a atención do Museo MAN de Camelle durante o ano 2026, por un importe de 20.000 euros. 

Cultura

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

  • Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas toallas.
  • O departamento da Mostra do Encaixe encargou a realización e aplicación do encaixe ás asociacións Rendas e Puntillas.

O Concello

O Concello de Camariñas nomea oficialmente a Marcial Mouzo como Fillo Predilecto nun emotivo pleno

  • A corporación municipal celebrou unha sesión solemne para outorgar a máxima distinción local ao recoñecido locutor camariñán.
  • Sandra Insua destacou no seu discurso o gran labor de difusión dos valores, da cultura e da identidade de Camariñas que o xornalista fixo durante toda a súa carreira.

O Concello

O Concello comeza as obras de humanización da rúa Sofía Rivas cun investimento de 51.000 euros

  • O proxecto, enmarcado na Fase 1 do Plan Milleira, transformará a vía nunha plataforma única para garantir a total accesibilidade.
  • A actuación está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
  • De xeito previo á nova pavimentación, procederase á renovación da rede de saneamento e á instalación dunha rede paralela e independente para as augas pluviais.

Cultura

Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

  • Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación ao público que organizou a firma de moda xuvenil.
  • As prendas estarán dispoñibles a partir do 19 de xuño en pullandbear.com.
  • Sandra Insua amosouse destacou que “forma parte da nosa estratexia para posicionar o encaixe como elemento de vangarda para a moda actual” e agarda que “sexa o comezo de algo economicamente importante para a economía e a artesanía local”.

Deportes

COMUNICADO OFICIAL: ACTUALIZACIÓN SOBRE O SORTEO DA SEGUNDA QUENDA

O Concello de Camariñas informa á veciñanza sobre unha serie de actualizacións e prazos relativos ás actividades municipais: