O “ArtEncaixe”, un exemplo da infinita versatilidade na aplicación do encaixe

  • Os 12 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais.
  • Son: Alfarería La Cacharrera, O Rulo, Feituras, Risco Estudio, Encaixa_T, Ene de Toba, Lola Logaro, Mascarada O Cansorriño, Mariví Santos, Zeltia ao Aire, Ana Trasariz e Estilo Aramar.

 

O desfile de ArtEncaixe da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se estreou no ano 2021, continúa medrando a pasos axigantados e cada ano son máis variadas as propostas traen os artesáns, chegados de toda Galicia.

 

Este ano son 12 os e as artesáns chegados de toda Galicia que demostran que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais como complemento de moda.

 

Forman o desfile: Alfarería La Cacharrera (olería de Buño), Lola Logaro (artesana textil), O Rulo (olería de buño), Encaixa_T (artesana textil local), Estilo Aramar (artesana textil), Mariví Santos Atelier (palilleira), Risco Estudio (olería de Buño), Tendataller Feituras – María Canedo (olería de Buño), Ene de Toba (artesana textil local), Mascarada O Cansorriño (comparsa local), Zeltia ao Aire (bordado ao aire) e Ana Trasariz (bolsos de pasarela).

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net