O 17 de maio de 1994, ano de Luís Seoane, foi inaugurada a Biblioteca Municipal de Camariñas na praza da Insuela desta localidade.
Actualmente conta con dous andares e 32 postos de lectura. Os fondos bibliográficos están distribuídos, á vista do usuario, en cinco seccións: infantil, xuvenil, adultos, hemeroteca e cómic. As tres primeiras ordenadas por materias: literatura, filosofía, psicoloxía, medicina, historia, xeografía, fotografía, ciencias sociais, dereito, ciencias naturais, gastronomía, decoración, mecánica, arte, etc.
Organizada en dous andares e 12 postos de lectura. Os fondos bibliográficos están distribuídos, á vista do usuario, en cinco seccións: infantil, xuvenil, adultos, hemeroteca e cómic.
Conta ademais con materiais especiais: vídeos, DVD, casetes, CD-rom e diapositivas agrupados no apartado de audiovisuais.
Entre os servizos ofrecidos atópanse: lectura en sala, información bibliográfica, préstamo a domicilio, solicitude de adquisicións e diversas actividades de animación á lectura, contacontos e proxección de vídeos pedagóxicos e de entretemento.
No mesmo local atópase a OMIX Camariñas cun espazo para a exposición de revistas e folletos informativos sobre becas, ensino, traballo, familia, publicacións, cursos, premios, concursos, turismo, ocio e tempo libre. Infórmase ós mozos sobre temas do seu interese e establécense lazos de colaboración coas asociacións do Concello, axudando a tramitar subvencións e programando actividades conxuntamente.
Durante todo o ano, agás os meses de verán, calquera información sobre itinerarios turísticos, rutas de sendeirismo, mapas, guías e folletos de información do Concello poderán recollerse ou consultarse tamén na Biblioteca.