Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Servizos sociais

“Chicas nuevas 24 horas”, de Mabel Lozano, achega a Camariñas a realidade da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual

  • A Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia), en colaboración co Concello de Camariñas, promove a mostra.
  • Mañá, xoves 5 de marzo, están programadas actividades didácticas co alumnado do IES Pedra da Aguia.
  • O 12 de marzo ás 18:30 horas terá lugar no Museo do Encaixe a proxección do documental “Chicas nuevas 24 horas” con entrada libre ata completar aforo.

O Concello

O Concello renomeará a Avenida Ambrosio Feijoo como “Avenida das Palilleiras” no marco do 8M

  • A medida, recollida no Plan de Igualdade municipal, busca recoñecer a figura destas artesás e feminizar o rueiro con referentes femininos.
  • Á vez, o Concello cumpre a Lei de Memoria Histórica eliminando o nome do xeneral Ambrosio Feijoo.
  • O cambio farase efectivo nun Pleno extraordinario que se celebrará o 1 de abril no propio recinto da XXXV Mostra do Encaixe, xunto ás grandes protagonistas do noso patrimonio.

Emprego e Desenvolvemento local

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 11 de febreiro de 2026, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Servizos sociais

O Concello lanza a campaña “Somos as mulleres que construímos Camariñas” para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas neste 8M

  • A iniciativa rende homenaxe á forza, ao traballo e ao compromiso diario das mulleres de todas as idades e profesións que fan posible a comunidade camariñá.
  • O alumnado dos CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto colaborará na creación dunha guía biográfica para rescatar as historias das mulleres referentes das súas vidas.

Cultura

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto

  • O acto oficial terá lugar o próximo 15 de xullo.
  • O goberno local quere recoñecer así a prolífica traxectoria do comunicador camariñán, recentemente xubilado tras 41 anos en antena, e o seu vínculo co municipio.

Cultura

O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña

  • O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta e na prestixiosa Milan Fashion Week.
  • Perea presentará unha colección cápsula de seis espectaculares deseños que fusionarán os seus inconfundibles volumes co minucioso traballo das palilleiras.

Cultura

PREMIOS COMPARSAS

Premios Comparsas CamariñasEsta mañá tivo lugar o concurso de Comparsas de Camariñas, enmarcado na programación do entroido, no pavillón polideportivo. Resultaron gañadoras as comparsas Pontedisfraz, co terceiro premio; Trubusquiñas, co segundo;  e  Fios de salitre das Cansorriñas, gañadora do primeiro premio.

Cultura

A XXXV Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do voluntariado desta cita

  • As persoas interesadas poden chamar ou enviar mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo no enderezo dolores.lema@camarinas.net.

Deportes

Camariñas abre as inscricións para a súa XIV Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”

  • A proba terá lugar o 8 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • As inscricións poden realizarse en correndopolacostadamorte.com.
 

O Concello

O Concello presenta un proxecto para a protección e posta en valor dun cruceiro en Xaviña

  • A actuación ten un orzamento de preto de 60.000 euros e o goberno local aprobou en pleno solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para a súa financiación.
  • Este elemento, catalogado como Ben de Interese Cultural, está no lugar de Cruceiro.
  • A súa situación, entre dous vías con paso de vehículos, fai que actualmente estea desprotexido e sexa vulnerable a sufrir danos.