- Hoxe deuse a coñecer un avance do programa desta nova edición, que terá lugar do 1 ao 5 de abril e que o destaca como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
- As actuacións de Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastián Allones Dans, o tributo a “Las guerreras del Kpop” o monólogo de Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola ou as 6 presentacións de libros son algunhas das actividades paralelas.
- O deseñador José Perea confeccionará un traxe en directo en tempo récord.
- Antes da inauguración oficial celebrarse no recinto un pleno para cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.





