16 Xuño, 2026
O Concello de Camariñas publicou hoxe, martes 16 de xuño, a licitación do proxecto de renovación da vía no lugar de Tasaraño, na parroquia de Xaviña. Unha actuación que conta cun orzamento total de 13.866 euros e para que as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o próximo 30 de xuño.
O obxectivo desta obra é reparar o firme da vía, que se atopa deteriorado polo paso do tempo. Os traballos que se levarán a cabo inclúen, en primeiro lugar, a limpeza das beiravías e marxes, a preparación do firme e a súa posterior pavimentación.