Deportes

Inicio Deportes

Novas

Obradoiro de Tempo Libre "Marineando"

  • Se informa que todas as persoas que solicitaron participar no Obradoiro de Tempo Libre "Marineando" foron admitidas.
  • A actividade dará comezo o día 2 de xullo.

O Concello recibe 15.000 euros da Deputación da Coruña para financiar os gastos do persoal técnico de Deporte

O Concello de Camariñas recibiu unha subvención dun total de 15.000 euros da Deputación da Coruña co obxectivo de financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Deporte no ano 2025.
 
Esta liña de axudas que lanza a administración provincial permite contratar ou manter entre o persoal a traballadores e traballadoras especializados en actividades deportivas.

O domingo celébrase a XIII Carreira Pedestre Concello de Camariñas, con 854 persoas inscritas

  • A proba, que forma parte do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte” aumenta o número de inscricións con respecto ao ano pasado.
  • A primeira carreira dará comezo ás 10 horas e a saída será desde a Avenida Ambrosio Feijoo.
  • Haberá un dispositivo especial de tráfico para esa xornada.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net