A Escola de Fútbol Juan Cabrejo e o Concello de Camariñas celebrarán o próximo sábado, 22 de xuño, o Torneo As Baleas no campo de fútbol Vicente Carril. No evento participarán os xogadores das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos seguintes equipos: SRD Unión Club Cee, Unión Deportiva Cerqueda, Sociedad Deportiva Laxe, Bergantiños FC - Escolas Luis Calvo, Sociedad Deportiva Sofán e Club Deportivo Concello de Zas.
A presentación oficial da cita deportiva correu a cargo da alcaldesa, Sandra Insua, do concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, do presidente da Escola de Fútbol Juan Cabrejo, Marcos Lema, do director, Juan Cabrejo, e do adestrador Pepucho.
O obxectivo da actividade é acercar á mocidade a cultura da Danza dos Arcos, o baile típico do pobo camariñán, o cal se leva a cabo cada ano nas Festas do Carmen o 16 de Xullo.
O Concello de Camariñas realizou hoxe, sábado 8 de xuño, a recepción institucional a Álex Canosa, un camariñán que formou parte do corpo técnico do Real Club Deportivo de la Coruña, que este ano acadou o ascenso á Liga Hypermotion, a segunda división do fútbol nacional. No acto estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, e parte da familia do homenaxeado.