A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de xaneiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2022.
Os Reis Magos chegarán por mar a Camariñas este mércores, 5 de xaneiro. Ás 11 horas serán recibidos no porto pola alcaldesa, Sandra Insua, antes de comezar o seu percorrido que os levará por todas as parroquias, saudando así aos nenos e nenas e repartindo caramelos. O percorrido, que comezará no porto de Camariñas, está previsto que remate ao redor das 20 horas en Lingunde.
O Concello habilitou este inmoble para que puidesen facer uso del as persoas promotoras de proxectos deste tipo.
Os usuarios e usuarias teñen que ser derivados a través de Servizos Sociais e conta con 5 prazas para unha atención de 8 horas, de luns a venres.
Sandra Insua destacou que “é moi importante implantar este tipo de iniciativas que achegan servizos esenciais ao rural” e explicou que “tomamos a iniciativa iniciativa de dar utilidade social a un ben municipal”.
A protagonista exerce a súa profesión no bufete “Abrente abogados” e fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio e sobre as implicacións de saltar ao traballo por conta propia.
Cada mes publicarase na páxina web eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un veciño ou veciño de Camariñas que destaque no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.