Máis de 50 voluntarias e voluntarios asegurarán o bo funcionamento da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Máis de 50 voluntarias e voluntarios asegurarán o bo funcionamento da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • As azafatas e os azafatos encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto e o equipo de Protección Civil velará pola seguridade do evento.

 

A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar cun fenomenal equipo de voluntarios e voluntarias formado por máis de 50 persoas que, como cada ano, asegurarán o bo funcionamento do evento durante os cinco días.  

 

Por unha parte, as azafatas e os azafatos encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto, tanto no control da entrada ou no posto de información como no acceso á sala de desfiles, axudando tamén en calquera dúbida aos visitantes.

 

Por outra banda, como ven sendo habitual, a agrupación de Protección Civil de Camariñas despregará un dispositivo de seguridade e de tráfico, esencial para o desenvolvemento da Mostra e tamén para solucionar calquera imprevisto.