A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña arrinca mañá con máis desfiles ca nunca

A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña arrinca mañá con máis desfiles ca nunca

  • O acto oficial de inauguración terá lugar ás 16:30 horas e correrá a cargo da alcaldesa de Camariñas, o presidente da Deputación da Coruña, a subdelegada do Goberno e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña.
  • En canto aos desfiles, nesta edición participan 13 Grandes Deseñadores, 40 Noveis Deseñadores, 11 artesáns do Artencaixe, o novo desfile de ReEncaixando, as Delegacións Internacionais, o PequEncaixe, e as Encaixeiras Sénior.

 

Mañá, mércores 5 de abril, arrincará a triséximo segunda edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que contará, ata o domingo 9 de abril, con máis desfiles ca nunca: con 13 Grandes Deseñadores, algúns xa consolidados e outras novidades, 40 Noveis Deseñadores, 11 artesáns do Artencaixe, o novo desfile de ReEncaixando, as Delegacións Internacionais, o PequEncaixe, as Encaixeiras Sénior...

 

A inauguración oficial será mañá, mércores 5 de abril, a partir das 16:30 horas no pavillón da Mostra do Encaixe. Intervirán a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor.

 

A apertura da trixésimo segunda edición da Mostra terá lugar antes, ás 15 horas, momento no que se iniciará o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.

 

Despois da inauguración institucional, ás 18:00 horas celebrarase o desfile PequeEncaixe, para posteriormente dar paso ao desfile de Grandes Deseñadores ‘A’ e ‘B’, que virá precedido da estrea das ‘Cancións Dance Camariñas’, unha iniciativa que será unha sorpresa para todas as persoas asistentes.

 

O custe será de dous euros para o pase ao recinto, e dous euros para cada desfile. Poderase adquirir un pase para a entrada ao recinto e un desfile por tres euros e un bono para a entrada ao recinto todos os días máis un desfile por día por doce euros.

 

 

LEMBRAMOS

 

Día: 5 de abril 2025

 

Hora: 16:30 horas

 

Recinto: pavillón Víctor Vigo de Camariñas, rúa Eugenio López, 12

 

(https://cutt.ly/9ENkIKV)  

 

Intervirán: a alcaldesa, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor.