Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Servizos sociais

Camariñas organiza o I ciclo de conferencias:

  • Levarase a cabo o venres, 26 de novembro, no Museo do Encaixe dentro da programación polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
  • Durante toda a tarde haberá diferentes relatorios divididos en dúas temáticas: "Saúde con perspectiva de xénero" e "sexualidade con perspectiva de xénero".
  • A poeta Lúa Mosquetera pechará o ciclo cun recital de poesía feminista.

Servizos sociais

O Concello organiza para o 25N a andaina en igualdade

  • A participación é de balde pero as prazas son limitadas e é necesario confirmar asistencia no teléfono 981 737 004.
  • Comezará ás 10 h. no Museo de Cerdeimar e rematará cunha concentración en repulsa da violencia machista.

Deportes

Presentación da "Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo"

  • Un total de 96 rapaces e rapazas forman a escola, que conta con categorías de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

Servizos sociais

O Concello destina 432.000 euros para o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

  • O contrato do SAF, que foi aprobado en Xunta de Goberno Local, terá unha duración dun ano, prorrogable ata chegar ás tres anualidades.
  • O proxecto inclúe unha previsión para cubrir, en total, 23.380 horas.

Cultura

Ofrenda floral para conmemorar o 131 aniversario do afundimento do Serpent

  • Sandra Insua, Encarna Liñeiro e Begoña Tajes achegáronse ao Cemiterio dos Ingleses no día no que se cumpren 131 anos do afundimento do navío inglés.
  • Tamén se inaugurou hoxe unha exposición no paseo marítimo de Camariñas na que se pode ver documentación sobre os naufraxios.

O Concello

Preto de 800 persoas participan nas actividades culturais e deportivas do Concello de Camariñas

  • No caso das deportivas, o fútbol é a que máis inscritos ten, e nas culturais triunfa a de música tradicional.

O Concello

Os centros de saúde de Camariñas e da Ponte do Porto seguirán contando con pediatra

  • Sandra Insua púxose en contacto co xerente do SERGAS, Luis Verde, para trasladarlle a súa inquedanza pola ausencia deste servizo nas últimas semanas.

Cultura

Axenda Samain

Para celebrar o Samaín Concello de Camariñas programa o espectáculo musical "A Casa do Terror", de Xoán Curiel e A Banda do Verán para este sábado, 30 de outubro, ás 18 horas. 

 Esta actuación está dirixida a un público infantil, xuvenil e familiar e terá lugar na Casa de Pedra e a entrada será libre ata completar o aforo. As persoas que o desexen poden acudir disfrazadas.