Os Noveis Deseñadores da anterior edición volven na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Os Noveis Deseñadores da anterior edición volven na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • No novo desfile, bautizado como “ReEncaixando”, participan 15 rapaces e rapazas que formaron parte do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores.
  • Terá lugar o día de clausura, o domingo 9 de abril, ás 12:45 horas.

 

A pasarela da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estrea este ano un novo desfile, o “ReEncaixando”, onde volverá a recibir a 15 rapaces e rapazas que formaron parte do concurso de Noveis Deseñadores da anterior edición.

 

O “ReEncaixando” terá lugar o día de clausura da Mostra, o domingo 9 de abril, ás 12:45 horas e participarán coas súas coleccións do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores: Alicia Rocamora Rodríguez, Álvaro Castillo Amondaray, Andrea  Piñeiro Charlín, Beatriz Chan Costa, Cantia Aparicio Ruiz, Enrique Llera Isiegas, Enrique Sánchez Sánchez, Joaquin Ruiz Torres, Josu Santos Blanco, Llucía Miravalles Sánchez, Pablo González Moreno, Sara Sanz Ansodi, Sofía Sánchez Rey, Uxía Rodríguez Maneiro e Vanessa Parente González.