A empresa Frigoríficos de Camariñas volverá ser un dos principais patrocinadores da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas.
A alcaldesa, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e o director xeral de Frigoríficos de Camariñas, Luis Canosa, definiron as liñas do acordo de colaboración entre ambas entidades.
Deste xeito, a empresa contribuirá para a promoción do Encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para pór en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través do seu labor de palilleira.
Ademais, tamén organizará unha degustación de pulpo no recinto da Mostra e serán os encargados de entregar o terceiro premio no certame de Noveis Deseñadores.