Modesto Lomba participará na XXXII Mostra do Encaixe cunha colección “na que a muller debe adaptarse a un contexto caótico”

Modesto Lomba participará na XXXII Mostra do Encaixe cunha colección “na que a muller debe adaptarse a un contexto caótico”

  • O deseñador traballou de forma artesanal todas as pezas “pensadas para durar no tempo, como o fan as obras de arte”.

 

Modesto Lomba é outra das confirmacións no apartado de Grandes Firmas para a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, onde acudirá cunha colección “na que a muller debe adaptarse a un contexto caótico” co seu carácter “ecléctico e libre que a definen”.

 

O deseñador traballou de maneira artesanal todas as pezas, que están “pensadas para perdurar no tempo, como así o fan as obras de arte”, unha colección premium traballada coa tradición e coidadoso “mimo da palillería de Camariñas”, en verbas do propio Modesto Lomba.

 

Lomba adianta que os encaixes presentarán “formas orgánicas independentes, xerando un espazo propio e protagonista que acentúa e complementa as prendas”, e amósase “ilusionado” un ano máis por participar nun evento que pon en valor non só un produto, tamén unha maneira de entender cultura galega e camariñana.