27 Marzo, 2023
Ana Cabranes e José Matteos, dous dos nomes máis vencellados á Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, formarán parte tamén nesta edición da lista de nomes que conforman a relación de Grandes Firmas.
A asturiana, que cumplirá vinte anos de asistencia ininterrompida á cita, presentará unhas pezas que seguirán a liña “na que me levo inspirando os derradeiros anos, pero que evoluciona cos tempos e a maneira de entender a roupa”, acorda Cabranes.
“A prioridade é darlle visibilidade á aplicación do encaixe en todos aqueles lugares que para min compoñen o conxunto e que lle outorgan unha categoría especial, nun contexto no que a artesanía camariñana se comeza a valorar nun alto grao fóra das nosas fronteiras”, asegura a deseñadora.
“Realmente para min é algo marabilloso, un traballo tan custoso pero incrible á vez e cunha adicación, esforzo que moitas veces resulta moi complexo decantarse por un encaixe ou outro”.
Pola súa banda, José Matteos levará á capital do Encaixe “unha colección nupcial onde os vestidos terán texturas moi diferentes grazas ao tecido elaborado polas palilleiras”, destacando que “a labor da Mostra e o Concello de Camariñas por manter este evento durante máis de 30 anos é, sen dúbida, un fito”.