A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de agosto de 2022 unha orde pola que se convoca proceso selectivo de acceso por oposición libre e proceso de provisión por mobilidade nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.
Queres formar parte do alumnado do obradoiro de emprego? Anótate canto antes. O alumnado seleccionado terá un contrato de 12 meses para formarse e traballar nalgunha das especialidades do Obradoiro
Mañá, martes 2 de agosto, ás 11:00 horas, a aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe acollerá a inauguración da exposición "ArtEncaixe". DÍA: 2 DE AGOSTOHORA: 11:00 HORASLUGAR: MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS (https://bit.ly/3PRIZFR)
Hai dous anos, desde a organización da Mostra decidiuse apostar pola combinación do encaixe e a artesanía, e debido ao éxito deste tándem, decídese adicarlle un espazo para que os visitantes poidan contemplar estas pezas, estando prevista a súa instalación, a lo menos, ata a vindeira edición deste evento palilleiro.
Ana Miguens, Ana Freiría, Charo López, Egueira ONG – Mimi La Bish, Estilo Aramar, Janet Schulz, Arteviares, Mar Barral, Noelia Peña, Alfarería Lista, O Rulo, Tendataller Feituras, Obradoiro Gorín, Pilar en Lá, Silvereria e Suso Calo son as mans que realizaron as obras expostas.
Queremos agradecer a resposta dada á convocatoria da Escola Cabrejo - Concello de Camariñas para a configuración da nova tempada 2022/23. Entre renovacións e altas, contamos xa con arredor de cen alumnos e alumnas, e por iso vémonos na obriga de poñer unha data límite de inscrición.
O vindeiro 19 de agosto pecharemos o prazo para anotarse e xogar con nós. Polo tanto, lembra que aínda estás a tempo se tes idade nalgunha das categorías de Biberón a Cadete.