06 Outubro, 2023
A exposición “Peixes coloreando o ceo”, de Mónica Coto e Bataneiro, estará no Museo Man de Camelle ata o 4 de novembro. A mostra está formada por creacións realizadas con pezas de madeira que os artistas rescatan do océano para comezar o seu traballo.
Mañá, sábado 7 de outubro, terá lugar ás 12 horas o acto oficial de inauguración da exposición, no que participarán, ademais dos artistas, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras, Begoña Tajes e Encarna Liñeiro.
Os autores explican que “o sal e o Peixe forman parte do noso ADN”. Na obra de Mónica Coto queda patente nas súas esculturas de peixes fantásticos e coridos, do mesmo xeito que as súas pinturas de tintas surrealistas, vitais e oníricos con mensaxes positivas e que nos convidan a deleitarnos coa beleza da vida e do mundo. A obra escultórica de Bataneiro, figurativa e realista, amosa a outra faciana da moeda: a dureza da loita pola supervivencia, reflexada en peixes de madeira, metal ou ferro-cemento, exemplares vellos, curtidos pola vida nun mar bravo que pode ser un inferno e moitas veces tamén un paraíso.