Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, no concerto da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Será o sábado 16 de abril ás 22:00 horas na Praza do Mercado e, pola tarde, o pandeireteiro fará un adianto sobre a pasarela da Mostra.
  • Será o primeiro concerto ao aire libre deste ano para Xabier Díaz, que interpretará cancións do disco ‘As catedrais silenciadas’.

O Concello

O desfile de ArtEncaixe busca consolidarse na XXXI Mostra do Encaixe

  • Trala súa estrea na pasada edición, son 12 os artesáns que chegarán de toda Galicia.
  • A aposta polo patrimonio da comarca materialízase neste caso nas coleccións que presentará a Olería de Buño, unha das novidades.
  • A ONG Egueire intégrase este ano neste desfile, tras participar na trixésima edición.
 
 

O Concello

Oviedo énchese de encaixe como antesala á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Ao redor de 250 persoas asistiron no Palacio de Congresos de Calatrava a un desfile no que brillaron as coleccións de deseñadores que participaron nas últimas edicións.
  • O público tamén valorou a creatividade das 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores.
  • “Foi unha moi boa experiencia, pensamos que o público asturiano quedou encantado co que viu e invitámolos a vir á Mostra en Semana Santa”, explica Encarna Liñeiro.
 
 

O Concello

O Concello propón un convenio coa Consellería de Cultura para a musealización do Museo dos Naufraxios

  • Sandra Insua e Encarna Liñeiro reuníronse en San Caetano co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que se comprometeu a estudar esta colaboración.
  • O proxecto de musealización realizaríase unha vez se leve a cabo a reforma exterior da Lonxa Vella por parte da Deputación da Coruña.

O Concello

A Mostra aposta polo talento da comarca e encarga ao modelo internacional Damián Álvarez a organización da pasarela

  • O modelo, imaxe da trixésima edición do evento, ven de crear a empresa ‘Gubem Event’ para a organización de eventos.
  • “O encaixe de Camariñas ten un potencial enorme e gustaríame darlle ese toque a maiores para achegalo á moda de Milan”, explica Damián.

Emprego e Desenvolvemento local

Bono turístico #quedamosengalicia22.

Prazos de solicitude:
- Adhesión de aloxamentos e axencias de viaxe: ata o 01/12/22.
- Persoas beneficiarias: ata o 02/05/22.

Cultura

Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

O 16 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 ,entre as que se conta a Escola Infantil de Camariñas.

O Concello

O encaixe chegará a Oviedo cunha pasarela de moda para promocionar a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

  • O acto terá lugar o próximo sábado, 26 de marzo, ás 20 horas na Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava.
  • No desfile participarán Dolores Cortés e Ana Cabranes como grandes firmas e tamén 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores.
  • “Queremos continuar promocionando a Mostra fora das nosas fronteiras, escollemos Oviedo pola cercanía e porque son un público potencial que pode vir en Semana Santa”, explica Encarna Liñeiro.

Deportes

X Carreira Pedestre e solidaria de Camariñas – Circuíto

Este domingo, 20 de marzo, o Concello de Camariñas celebrará a súa X Carreira Pedestre, dentro do 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’.