Últimos días da exposición “Habitare”, de Cabanes Fontao, no Museo Man de Camelle

  • A mostra fai referencia á importancia de repensar os nosos actos, actuar en consecuencia, coidar o medio ambiente, a nosa casa, as plantas e os animais.
  • Pode visitarse ata o sábado, 30 de setembro.

 

A exposición “Habitare”, de Cabanes Fontao, afronta os seus últimos días no Museo Man de Camelle. A mostra pode visitarse aínda, ata o próximo sábado, 30 de setembro, no segundo andar do museo.

 

A exposición fai referencia á importancia de repensar os nosos actos, actuar en consecuencia, coidar o medio ambiente, a nosa casa, as plantas e os animais.

 

A autora explica que “camiño por diferentes lugares e recollo o material plástico que me atopo. Nas obras abordo os problemas que conleva este material, como o cambio climático, a contaminación da contorna natural e o seu coidado, incluído o acuático, extremadamente vulnerable”.