Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2023”da Xunta

Balneario de Acuña - Caldas de Reis – (Pontevedra).- 349,89 €/praza

Arnoia Caldaria Hotel Balneario – A Arnoia -  (Ourense).- 377,89 €/praza

Iberik Augas Santas Balneario – Ferreira de Pantón – (Lugo).- 377,89 €/praza

Os Baños da Brea – Vila de Cruces – (Pontevedra).- 349,89 €/praza

Iberik Gran Balneario Guitiriz – Guitiriz – (Lugo).- 377,89 €/praza

Balneario Hotel Dávila – Caldas de Reis – (Pontevedra).- 349,89 €/praza

Gran Balneario do Carballiño – O Carballiño – (Ourense).- 269,17 €/praza

Baños Vellos de Carballo, S.A – Carballo – (A Coruña).- 349,89 €/praza

Termas de Cuntis, S.L.– Cuntis – (Pontevedra).- 377,89 €/praza

Laias Caldaria, Hotel Balneario – Cenlle – (Ourense).- 377,89 €/praza

Lobios Caldaria, Hotel Balneario  – Lobios – (Ourense).- 377,89 €/praza

Lobios Caldaria, Hotel Lusitano – Lobios – (Ourense).- 349,89 €/praza

Hotel Balneario de Compostela- Brión – (A Coruña).- 377,89 €/praza

Balneario do Río Pambre, S.L. – Palas de Rei – (Lugo).- 349,89 €/praza

Balneario Termas de Lugo, S.L. – Lugo.-  377,89  €/praza

Balneario Mondariz – (Mondariz Balneario) – Pontevedra.- 377,89 €/praza

 

Requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista da Seguridade Social.
  2. Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Valerse por si mesma, estar en condicións de participar, non padecer alteracións do comportamento que afecten a convivencia, nin enfermidades transmisible con risco de contaxio.
  4. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  5. Reunir os requisitos establecidos,  na data en que remate o prazo de presentación da solicitude.
  6. Acadar a puntuación, segundo o baremo, que lles permita acceder a unha das prazas solicitadas.
  7. Os/as cónxuxes non terán que cumprir o requisito da idade.
  8. Poderán participar os/as fillos/as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando non necesiten apoio de 3ª persoa, se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitores e, cumpran os requisitos citados excepto o da idade. Así como, por outra persoa calquera, sempre que cumpra todos os requisitos.

Documentación:

  • Anexos I, II e III, de ser o caso.
  • A copia do libro de familia, no caso de que a persoa solicitante vaia acompañado do/a fillo/a con discapacidade e, o certificado de discapacidade deste, se non foi expedido pola Xunta.
  • DNIs do solicitante, cónxuxe ou acompañante e, do/a fillo/a con discapacidade, se é o caso.
  • Contías das pensións ou ingresos mensuais percibidos, para cubrir a solicitude.

Prazo e lugar de solicitudes: as solicitudes achegaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, así como, opcionalmente en soporte papel. O prazo remata o 18 de outubro de 2023, poderán informarse nas dependencias de Servizos Sociais e igualdade do Concello.

Camariñas, 26 de setembro de 2023

            A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

Descargas

Igualdade e Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net