Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Todas as praias de Camariñas encaran o verán superando con boa nota os controles de calidade autonómicos

  • A Consellería de Sanidade informou de que as 8 zonas de baño contarán 2022 cunha calidade da auga óptima.
  • A de Camelle, que aínda non está incluída no censo oficial pero si está sometida a vixilancia sanitaria, obtivo un resultado de ‘Boa’.
  • O goberno local pedirá á Xunta que somete a vixilancia a praia de Area da Vila, tralas melloras realizadas na rede de saneamento.

Emprego e Desenvolvemento local

AXUDAS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA - IN201G

BENEFICIARIOS:
- Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición ata o 13/06/22.
- Asociacións profesionais e empresariais de artesás de Galicia cando o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos como obradoiros artesáns.

O Concello

Exposición AECC

A Asociación Española Contra o Cancro trae ao Concello de Camariñas a exposición fotográfica "50 anos cambiando a historia do cancro".

Cultura

Día das Letras Galegas 2022

Camariñas conmemorará o Día das Letras Galegas cunha xincana, un conto musical, un obradoiro de esculturas de papel e a homenaxe a Delgado Gurriarán

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 5 de maio de 2022 pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario. 

Emprego e Desenvolvemento local

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de maio as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2,3 e 4, no ano 2022.

O Concello

Seguen os traballos de pavimentado da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto

  • Estas intervencións, valoradas en 125.000 euros, inclúen a demolición do pavimento existente en varios tramos e a execución dun novo.
  • Están financiados a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

O Concello

Cruce de Ambrosio Feijoo coa praza do Mercado.

Hoxe dan comezo os traballos de formigonado do cruce de Ambrosio Feijoo coa praza do Mercado. 
 
Con esta actuación darase solución aos continuos problemas de levantamento da pedra, sendo substituída esta por formigón semi pulido e, ademais, pintarase un paso de peóns.

O Concello

INCENDIO EN AROU

Este mediodía, contra as 12:20 horas da mañá, detectouse en Arou un incendio, ao que acudiron para sofocar as lapas os bombeiros do Distrito Forestal, tres cuadrillas, tres helicópteros e dúas motobombas, que contaron coa colaboración da Policía Local de Camariñas e parte das persoas que integran a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Deportes

TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL VETERANO

O Concello de Camariñas celebra esta fin de semana un Torneo Internacional de Fútbol Veterano. Será mañá, domingo 1 de maio. Ás 12:00h realizarase a recepción na Casa do Concello.