Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Servizos sociais

Programa de Turismo del Imserso 2022-2023

Aberto prazo para participar no programa de Turismo del Imserso temporada 2022/2023
 
 

Cultura

Sandra Insua destaca a importancia de eventos como o City of Agra para “poñer en valor a nosa historia”

  • Hoxe tivo lugar a apertura do “City of Agra, 125 anos na memoria” que se celebrará ata o 10 de xullo en Camelle e Arou.
  • “Foi aquí, no noso litoral, onde comezou a lenda da Costa da Morte, que xa é mundialmente coñecida”, salientou a rexedora.

Emprego e Desenvolvemento local

Os alumnos do obradoiro de emprego “Construíndo futuro” continúan a poñer en práctica os coñecementos adquiridos en materia de construción e do sector forestal

  • Veñen de acondicionar a Praza da Insuela en Camariñas, mellorar as escolas de Subeiro e o Pavillón de Baíñas en Vimianzo e labores de mantemento das obras previas en Quintáns, Viseo e a Caberta, en Muxía
  • Tamén realizaron o curso “Formación nas tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”
 

O Concello

47 Xadrecistas de diferentes puntos da xeografía galega e española víronse as caras no II Torneo Concello de Camariñas

  • O gañador na categoría absoluta foi Fernando Chao do Club Smyslov de Sada
  • O campionato, que era a primeira proba do VI Circuito Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña, repartiu 1000 euros en premios

Emprego e Desenvolvemento local

HORARIO DO PID (PUNTO DE INFORMACIÓN DIXITAL) DA CASA DE PEDRA NA SEMANA DO CARME

18 de xullo a Casa de Pedra estará pechada
 
Os días 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo o horario para renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego será das 9:00 ás 13:00 horas.
 
A orientadora laboral

O Concello

Camariñas destina 25.000 euros para facer diferentes melloras na ETAP da Ponte do Porto

  • A Estación de Tratamento de Auga Potable é moi antiga e presenta certas deficiencias, a solucionar.
  • Repararanse as fugas de aire, instalarase un novo motor redutor, pintaranse e impermeabilizaranse as paredes da sala de reactivos, instalarase un novo sistema de dosificación de reactivas e reporanse dous depósitos.

O Concello

Camariñas acollerá esta fin de semana o maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia

  • “City of Agra, 125 anos na memoria” celebrarase o 8, 9 e 10 de xullo en Camelle e Arou.
  • Todos os días do evento, ademais da programación deseñada, haberá exposición, feira mariñeira e concurso de tapas nos bares de Camelle e Arou.

O Concello

Inícianse os campamentos de verán 2022

Inícianse os campamentos de verán, que por primeira vez son en tres sedes: Camariñas, Ponte do Porto e Camelle 166
 
  • Hai un total de 166 inscritos entre o obradoiro de tempo libre e as actividades acuáticas.
 
 

Emprego e Desenvolvemento local

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE DO BONO ALUGUER PARA MOCIDADE

A Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude para BONO ALUGUER MOCIDADE. As solicitudes deben presentarse na sede electrónica da Xunta. Procedemento VI482E