- Para financiar a actuación, que suporá un investimento de 29.983,80 euros, o Concello acadou unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.
- O obxectivo é crear unha área recreativa, integrada na paisaxe e conectada coa Ruta Litoral de Camariñas, con zona de observación e interpretación da ría, da flora e fauna da franxa litoral.
- Instalarase a sinalización correspondente, adecuarase a superficie da parcela, plantarase unha árbore, habilitarase unha zona de bancos e colocaranse postes cilíndricos.





