LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de febreiro de 2024 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.  


Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2023 e o número de persoas inscritas en cada lista resólvese:

  
-  Pechar a incorporación de novas solicitudes para as listas correspondentes aos grupos, categorías, escalas e especialidades que se indican no anexo I. 

 

-  Reabrir as listas correspondente aos grupos, categorías, corpos e escalas e especialidades que se indican no anexo II.

 

 -  Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos,  escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo III) 

 

- Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas, nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou prestasen servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo IV)  


Listas abertas (Anexo III):
 


Persoal funcionario:   

o  Escala de veterinarios/as

o  Escala de facultativos/as. Especialidade de medicina.

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo.

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

o  Escala de de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas.

o  Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

o  Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

o  Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

o  Escala técnica de facultativos, Especialidade enfermaría

o  Escala técnica de facultativos. Especialidade fisioterapia.

o  Escala técnica de facultativos. Especialidade de educadores

o  Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social

o  Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia facultativos

o  Escala de axentes facultativos ambientais

o  Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón/oa.

o  Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico/a. 

o  Escala de auxiliares de clínica

o  Agrupación profesional da Aadministración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal funcionario subalterno.

o  Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade persoal de limpeza e cociña.

 

 Persoal laboral: 

 

o  Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

o  Xefe/a de cociña

o  Analista de laboratorio

o  Celador/a de estradas. Capataz de brigada.

o  Oficial/a 1ª cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a. Xefe/a de cociña. Cociñeiro/a 1ª 

o  Axudante/a de taller. Adxunto/a de taller

o  Oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª mantemento. Oficial/a 1ª oficios varios. Oficial/a de primeira 

o  Animador/a sociocultural.

o  Intérprete de linguaxe de signos

o  Auxiliar fogar. Coidador/a auxililar. Auxiliar coidador/a. Auxilir de internado.

o  Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro / a oficial/a 2ª   

o  Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª de mantemento  

o  Oficial/a 2ª agrario/a

o  Auxiliar de laboratorio

 

Requisitos:  
Imprescindible ter unha titulación oficial e certificado de lingua galega  (consultar requisitos específicos para cada categoría nos enlaces que se sinalan máis abaixo)  

 

Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 30 abril de 2024

 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240229/AnuncioG0597-200224-0003_gl.pdf

 

PARA CONSULTAR REQUISITOS, TRÁMITES A REALIZAR E INSCRIBIRSE NAS LISTAS:

http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746  

margarita.seijas@camarinas.net

Luns a venres 9:00 – 14:00