“Estilo Aramar” e “Feituras” tamén conformarán a pasarela “ArtEncaixe”

“Estilo Aramar” e “Feituras” tamén conformarán a pasarela “ArtEncaixe”

  • O primeiro, un taller dedicado a conseguir todo tipo de complementos únicos, e o segundo de cerámica tradicional creativa.

 

“Estilo Aramar” e “Feituras” tamén conformarán a pasarela “ArtEncaixe” nesta XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O primeiro, un taller dedicado a conseguir todo tipo de complementos únicos, e o segundo de cerámica tradicional creativa.

 

Sendo a cuarta participación de “Estilo Aramar” en Camariñas, a súa creadora, Viviana Araújo declara que “é todo un orgullo combinar o Encaixe coas nosas técnicas de taller e fundilas en obras de arte únicas e irrepetibles”.

 

Este ano presentará 6 estilismos, catro para muller e dous para home, nos que predomina a reciclaxe, a arte floral, o ecoprint e as técnicas de tinguido. Segundo a propia Araújo, “as pezas sorprenderán, e moito”.

 

Pola súa banda, María Canedo, de “Feituras”, afirma que “é todo un reto para min poder amosar de maneira creativa, como dúas artesanías tan distintas poden ir da man”.

 

As súas pezas achegan ao Encaixe de Camariñas “unha mistura de artesanías tradicionais adaptadas ao noso tempo”, e afirma que “será a xente a que poida dicir, logo de ver o noso defile, se están sorprendidas e sorprendidos”.