Mar Barral repite a súa participación no “ArtEncaixe” cunha homenaxe á Romaría Vikinga de Catoira

Mar Barral repite a súa participación no “ArtEncaixe” cunha homenaxe á Romaría Vikinga de Catoira

  • A artista, natural de Vilagarcía de Arousa, é unha especialista na técnica xaponesa do raku e tamén no ecoprint, sendo esta a súa terceira participación.

 

Mar Barral repetirá este ano a súa participacións na pasarela “ArtEncaixe” da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, onde xa amosou en varias ocasións que artesanía e moda combinan á perfección.

 

Especializada na técnica do raku e o ecoprint, é pioneira na aplicación da estampación botánica na cerámica. Natural de Vilagarcía de Arousa, leva máis de dúas décadas reinventando a disciplina desde a súa tenda-obradoiro en Catoira. 

 

Ela mesma se reivindica como “un laboratorio de ideas” nunha terceira participación que supón “un novo reto e saír da miña zona de confort”. “O Encaixe de Camariñas aporta ás miñas pezas elegancia, delicadeza e distinción, e a colección deste ano terá como tema vehicular a romaría viquinga de Catoira”.