Stands, postos internacionais e exhibicións artesás na XXXIII Mostra do Encaixe

  • No pavillón Víctor Vigo daranse cita persoas chegadas desde Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Italia ou Polonia.

 

  • As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Miyuki e torno de vidro.

 

  • En clave solidaria, a Ataxia de Friedreich volverá a ter o seu espazo neste evento.

 

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña dará para moito, e o visitante poderá adquirir nos diversos postos de Encaixe de Camariñas enxoval doméstico, complementos de moda, souvenirs...

 

No pavillón Víctor Vigo, desde o 27 ao 31 de marzo, daranse cita persoas chegadas desde Sofía, Bulgaria; Krakovani, Eslovaquia; La Turballe, Francia; Ingenio, Gran Canaria; Gubbio, Novedrate e Trapani, Italia; Bobowa, Polonia; Peniche e Serra d’el Rei en Portugal e Palickovaní da República Checa.

 

Ademais, no eido solidario, estará presente outro ano máis a asociación STOF FA, unha entidade que aglutina a persoas afectadas pola Ataxia de Friedreich a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade. Unha iniciativa que nace a partir da petición que María Jesús González Souto

 

No caso das demostracións, serán tres as que se poderán observar durante esta XXXIII edición: no posto de Artesanía NIA unha exhibición de Miyuki; no posto de Artesanía Corman, co torno de vidro e no da Olaría de Buño, obradoiro de barro o xoves 28 de marzo de 11:30 a 13:00 horas e de 17:00 a 18:30 horas.