“Gourmet entre encaixes”, un novo espazo que se estreará na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

“Gourmet entre encaixes”, un novo espazo que se estreará na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos.
  • O custe para as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros.

 

O Concello de Camariñas estreará un novo concepto na XXXIII Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña: o “Gourmet entre encaixes”, un espazo dedicado ao sector alimentario no que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos de venta ao público.

 

Esta nova zona, na que tamén se situará o bar da Mostra e que contará con vixilancia de seguridade as 24 horas do día, terá unha decoración ambiental especial e contará cun espazo con mesas e sillas para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque.

 

O custe que teñen que asumir as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros, IVE incluído. Estará aberto desde o mércores 27 de marzo ás 15 horas ata o domingo 31 de marzo, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo.

 

Para máis información as empresas interesadas poden chamar aos teléfonos 653 265 529 ou 653 276 388.