Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Cultura

A Festa, a música e as comparsas enchen a programación do Entroido de Camariñas

  • O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que se desenvolverá en todas as parroquias.
  • O 11 de febreiro terá lugar o desfile de comparsas na Ponte do Porto e o 13 de febreiro será o de Camariñas.

Deportes

A proba “3 H Resistencia Concello de Camariñas” de BTT volve a estar incluída no circuíto galego

  • A cita, organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello, será o domingo 4 de febreiro con saída e chegada na paria do Ariño.
  • O campionato galego contará con seis probas ao longo de 2024 e as inscricións deberán formalizarse na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

O Concello

Papá Noel percorrerá as rúas de Camariñas este domingo, 24 de decembro

  • Sandra Insua recibirá a Papá Noel na Casa do Concello antes de comezar a Cabalgata, con inicio previsto para as 11:00 horas.

O Concello

Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e de España.
  • En total son 30 as coleccións finalistas.

O Concello

Entra en funcionamento a demandada depuradora de Xaviña

  • Hoxe tivo lugar a recepción da obra, que supuxo un investimento de 65.219,71 euros a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
  • Os veciños e veciñas da parroquia xa poden solicitar os enganches á rede de sumidoiros.

O Concello

A XXXIII Mostra do Encaixe estreará o desfile “ReEncaixame” para fomentar a reutilización do encaixe

  • A finalidade é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.
  • “Queremos demostrar que o encaixe é unha artesanía de calidade que pode ser reciclado noutras prendas”, explica Encarna Liñeiro.
  • Poderán presentarse, ata o 15 de xaneiro, todas as persoas que participasen nalgunha das edicións do Concurso de Jóvenes Deseñadores.

O Concello

O PROGRAMA “XUVENTUDE CON TALENTO” ENTRA NA RECTA FINAL

Despois de tres meses o programa “Xuventude con talento” entra na recta final. O programa daba comezo o 8 de setembro e ten previsto o peche para o día 15 de decembro. Atrás quedan 3 meses intensos onde 15 mozas e mozos realizaron prácticas non laborais remuneradas nas tres administracións locais promotoras do programa (o concello de Camariñas, o concello de Muxía e o concello de Vimianzo) en tres sectores estratéxicos como as Tecnoloxías da Información e a comunicación, a calidade de vida e benestar e o sector téxtil/moda-artesanía.

Servizos sociais

O Concello de Camariñas conmemora o 25N con varias actividades para promover a igualdade

  • Ao longo da semana levaranse a cabo distintas actividades contra a violencia cara a muller, rematando o propio 25N co acto “Voces contra las violencias machistas”
  • A primeira cita será mañá, xoves 23, cunha formación para pais e nais sobre a importancia da igualdade e a prevención de conductas machistas no Instituto Pedra da Aguia

O Concello

O Concello aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local a concesión da licenza para a construción dunha residencia xeriátrica na Ponte do Porto.

O Concello aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local a concesión da licenza para a construción dunha residencia xeriátrica na Ponte do Porto.