Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Servizos sociais

Os obradoiros de memoria xuntan a 40 persoas en Camariñas e Camelle

  • Esta actividade comezou o mes de novembro e estenderase ata finais de abril.
  • As persoas participantes traballan exercicios que favorecen a linguaxe, a orientación, o cálculo, o recordo a curto e longo prazo...

Cultura

Teatro, música e moita ilusión para celebrar o Nadal en Camariñas

  • A recepción de Papá Noel e a cabalgata dos Reis Magos completan programación de actividades para este Nadal.
  • O acendido da iluminación terá lugar o mércores 6 de decembro ás 18 horas na Praza da Insuela.

O Concello

Camariñas honra aos náufragos do Serpent e coloca dúas placas en homenaxe aos do Iris e o Trinacria

  • Sandra Insua, Sergio Caamaño e Begoña Tajes achegáronse ao Cemiterio dos Ingleses, no día no que se cumpren 133 anos do afundimento do navío inglés, para realizar a tradicional ofrenda floral.
  • Os nomes das vítimas dos afundimentos do Iris e o Trinacria xa locen no lugar onde foron enterradas.
  • Sandra Insua explicou que “queremos poñer en valor o cemiterio e a historia de Camariñas” e adiantou que “a semana que vén colocaremos no paseo unha exposición sobre naufraxios”.

Deportes

O nome de “Vicente Carril” xa loce no campo de fútbol de Camariñas

  • O letreiro coa nova nomenclatura da instalación foi colocado hoxe despois de aprobarse por unanimidade a proposta nun pleno extraordinario.
  • Sandra Insua destacou que “hoxe honramos a un dos piares máis importantes da nosa comunidade, a un home excepcional”.

Servizos sociais

O Concello organiza obradoiros de prevención da violencia de xénero no IES “Pedra da Aguia” polo 25N

  • As actividades, que comezan hoxe, venres 3 de novembro, e estenderanse ata o 21 de novembro, están dirixidas ao alumando de 2º e 3º da ESO.
  • As sesións van a ser maioritariamente prácticas e están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O Concello

O Concello pretende homenaxear a Vicente Carril bautizando co seu nome o campo de fútbol de Camariñas

  • A proposta, que se coordinou coa familia do presidente do Camariñas CF, levarase o 3 de novembro a un pleno extraordinario.
  • Ademais, colocarase nas instalacións unha placa en agradecemento ás irmáns Patiño e á Igrexa pola cesión dos terreos.

O Concello

O Concello solicita a Portos de Galicia a colaboración na reparación da pasarela de madeira do paseo marítimo de Camariñas

  • Sandra Insua e Sergio Caamaño reuníronse o pasado venres co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal.
  • No encontro tamén lle trasladaron os problemas do marisqueo, a devolución da fianza á comisión de festas de Camelle e presentouse o proxecto da terceira fase do paseo.

O Concello

Danza Rosa para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á ‘Danza Rosa’, unha iniciativa que se levará a cabo mañá, sábado 21 de outubro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.

Cultura

SAMAÍN 2023

  • Este Samaín déixate sorprender polos arrepiantes trucos do mago Cayetano Lledó no seu espectáculo "Máxico Deluxe".
  • O martes, 31 de outubro, na Casa de Pedra, ás 19 horas.

Emprego e Desenvolvemento local

AXUDAS DO GALP

🐠 Se tes un proxecto relacionado co mar, podes solicitar as axudas para inversións en novas actividades económicas ou que supoñan a creación ou mantemento de emprego