A “Danza Rosa” de Camariñas conmemorará o 18 de outubro o Día Internacional contra o Cancro de Mama

A “Danza Rosa” de Camariñas conmemorará o 18 de outubro o Día Internacional contra o Cancro de Mama

  • Partirá ás 16:30 horas desde a praza do Concello, onde se representará a obra de teatro “Os contos non enchen”.
  • As persoas interesadas poden realizar a inscrición nos teléfonos 687 720 470 e 653 188 009.
  • Co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer inclúese a camiseta “Camariñas un mar de piques”.

 

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha “Danza Rosa” para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. O sábado 18 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

 

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16:30 horas. Unha vez rematada a marcha, representarase a obra de teatro “Os contos non enchen”.

 

As persoas interesadas en participar na Danza Rosa poden apuntarse nos teléfonos 687 720 470 e 653 188 009. Ao inscribirse recibirán a demandada camiseta da Mostra do Encaixe co lema “Camariñas un mar de piques” co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.