Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Emprego e Desenvolvemento local

O mes de setembro de 2023 deixa o mellor dato do paro da historia de Camariñas

  • A taxa de paro rexistrado é do 10,87%, un 3,24% menos que no 2022 e un 12,77% menos que hai 10 anos, no 2023.
  • Desde a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) indican que estes bos datos teñen que ver cunha tendencia xeneralizada de baixada do paro en toda a comarca.

Emprego e Desenvolvemento local

Bono Activa Comercio de 30 €

🔵 Apura e descarga o teu Bono Activa Comercio de 30 €, para gastalos antes de que se acaben os fondos, en https://www.bonosactivacomercio.gal/ , ou ven á Casa de Pedra. Cita previa no 981 737 004.
💙 Tes 17 comercios no concello para cambiar o teu bono de 30 €
#BonosActivaComercio

O Concello

O Concello de Camariñas colocará dúas placas en memoria dos represaliados da Guerra Civil

  • O acto terá lugar o martes 31 de outubro na Ponte do Porto e en Camariñas.
  • O goberno

O Concello

A exposición “Peixes coloreando o ceo”, de Mónica Coto e Bataneiro, no Museo Man de Camelle

  • Os artistas usan as pezas de madeira que rescatan do océano para comezar o seu traballo, que remata en creacións contrapostas.
  • Pode visitarse ata o 4 de novembro e mañá, sábado 7 de outubro, terá lugar a inauguración oficial.

O Concello

Volve a “Danza Rosa” de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

  • Será o sábado, 21 de outubro, e partirá ás 16 horas desde a praza do Concello ao Pavillón de Camariñas, no que se impartirá unha clase de zumba e repartirase auga e froita
  • As persoas interesadas poden realizar a inscrición no Concello ou no local Chuchelandy, que inclúe un pano rosa co donativo de 5 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer

O Concello

O Concello logra reducir en máis da metade o período medio de pago

  • Sandra Insua informou en pleno de que no terceiro trimestre o período medio de pago foi de 31,21 días, cando no anterior foi de 71,35 días.
  • O goberno local está traballando para regularizar a situación da tesourería municipal e no último ano licitáronse 66 contratos.

O Concello

A United States Lighthouse Society cualifica ao Faro Vilán como “o máis magnífico” do seu percorrido

  • Foron 23 os socios e socias da entidade que participaron na visita, na que subiron ao cumio da torre e coñeceron a súa historia, a de Camariñas e a da Costa da Morte.
  • “Estou segura de que acabades de descubrir que a contorna na que se atopa o Faro Vilán o convirte en único e incomparable”, destacou Sandra Insua, que subía por segunda vez á torre.

Servizos sociais

Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2023”da Xunta

As quendas varían segundo o balneario solicitado e van dende:
o 22 de outubro e o 31 decembro do ano 2023.

O Concello

Recepción da alcaldesa á expedición da United States Lighthouse Society

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a presidenta da Asociación de Empresarios e Sector Turístico de Camariñas, Olga Campos, realizarán mañá, martes 26 de outubro, ás 11:45 horas no Faro Vilán, un acto de recepción á expedición da United States Lighthouse Society.

O Concello

Últimos días da exposición “Habitare”, de Cabanes Fontao, no Museo Man de Camelle

  • A mostra fai referencia á importancia de repensar os nosos actos, actuar en consecuencia, coidar o medio ambiente, a nosa casa, as plantas e os animais.
  • Pode visitarse ata o sábado, 30 de setembro.